Análise do Blog ¨Tritó¨
¨O blog Tritó¨ é un blog de caracter informativo e comercial, que ten o obxetivo de promover e ampliar o patrimonio musical español e iberoamericano do S.XIX, S.XX e Contemporánea, a través dos libros e do audio. A súa organización está formada por unha axencia de producción,publicación e distribuación de traballos musicais realizados con institucións educativas e con músicos.
Dentro do blog, atopamos algún material publicado dirixido a nen@s. A pesar de que é música ¨exclusiva¨ e ¨minoritaria¨, en certa maneira, ten unha repercusión social importante entre as persoas que teñen relación coa cultura musical deste estilo. Polo tanto, é un medio de información válido para descubrir novos horizontes musicais debido a súa boa publicidade.
A estética da Web é austera, onde prevalece o branco. Facendo destacar a cor naranxa. No marxe dereito da páxina atopamos enlaces con artigos, videos, comentarios e etiquetas. Tamén destacar a posibilidade de conectar con facebook para poder dar a tua opinión sobre este blog. Algo que se está a convertir en algo habitual na rede últimamente. En canto ós comentarios, é moi sinxelo facelos, xa que non atopei dificultade algunha. Outro detalle que non se debe pasar por alto é posibilidade de consultar un arquivo no que estan almacenadas tódalas novas publicadas no blog.
Para finalizar, Tritó é un blog comunicativo, claro e ordenado.
http://blog.trito.es/about-us/



