El mundo es muy antiguo, está muy mezclado y se va al carajo.
Internet, listo y acción.
Diferencia entre Blog e Webquest
A diferencia entre Blog e Webquest está na presentación dos contidos e na finalidade. O Blog é un escaparate de información persoal sobre un tema concreto coa finalidade de divulgar. Sen embargo, a Webquest presenta información coa finalidade de que o usuario construa coñecemento a través do traballo autónomo. Tamén existe diferencia na estética da páxina. A Webquest aseméllase a unha páxina tradicional, mentres cos Blogs están moi sobrecargados de contidos e publicidade, nalgúns casos.
O principal elemento cos une é que ámbolos dóus son soportes de información.
Webgrafía:
Análise da webquest ¨La Música Contemporánea¨
Para adentrarse na sonoridade da Música Contemporánea hay que traballar a forma de facela atractiva nos centros educativos, xa que ten un gran valor educativo e musical na sociedade actual. Sen embargo non é doado escoitar este tipo música. Por elo, é necesario certa sensibilidade para poder apreciala. A través do uso de recursos web podemos estimular o seu uso. Facendo un barrido pola rede, atopei a seguinte Webquest: ¨La Música Contemporánea¨ .
Esta Webquest presenta un concepto diferente ós blogs. Similar ó das webs tradicionais. No atopamos menús cargados de múltiples enlaces que poidan distraer e estimular demasiado. Polo tanto a súa presentación é bastante simple e directa. Tamén destaco a composición das cores, as cales teñen un efecto chamativo na percepción visual da Web.
Dende o punto de vista didáctico atopamos unha Webquest cun menú moi sencillo no que se indican tres variables moi importantes no proceso de aprendizaxe. A definición das tarefas, a información de recursos dispoñibles e avaliación dos contidos. Polo tanto, a Webquest está dirixida cara persoas que teñan especial interese en coñecer este tipo de música. Sexan alumn@s, docentes, músicos etc...
Como particularidade, obsérvase que non tes a posibilidade de facer algún comentario, o cal non permitirá que se podan consultar posibles dúbidas a través da rede.
A miña volaración sobre a mesma é positiva xa que require unha participación activa do usuario, tendo que facer uso da exploración e a creatividade.
http://www.phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_mondrian_w.php?id_actividad=1032&id_pagina=1

Análise do blog ¨Aula Contemporánea¨

Desta volta, presento outro blog dedicado a Música Contemporánea. A través del podemos coñecer o estado da estética musical actual, a cal se caracteriza por estar centrada nas sonoridades máis que na combinación armónica das notas. As diferentes sonoridades conséguense a través da experimentación con diferentes instrumentos (acústicos, electrónicos e híbridos) e obxetos non musicais. A visualización do video de Bjork axuda a comprender mellor esta cuestión.
http://www.youtube.com/watch?v=MixrSzIa264&feature=player_embedded
Na parte esquerda da páxina, atopamos múltiples enlaces a Compositores do S.XX, a través do etiquetado, que nos levan cara material didáctico dispoñible no propio blog. Aquí pódense descargar partituras de Compositores de forma gratuita, así como software e audio. No que se refire ó apartado de comentarios, existe a posibilidade de facelo en cada unha das entradas. Eso sí, para detectalo é necesario fixarse ben xa que está nun tamaño minúsculo. A maiores dos comentarios, hay outro tipo de opcións como escribir ó autor e compartilo en facebook.
A organización da páxina é un pouco confusa, xa que atopamos moita literatura. Aínda así, isto é sinónimo de que existen moito contidos de interese, pero penso que deberían ordearse doutra maneira. En canto as cores, penso que é un acerto utilizar o branco coma fondo porque favorece a identificación dos elementos.
Dende o punto de vista da Educación Primaria, non é un recurso educativo adecuado para as necesidades d@s nen@s, pero pode ser útil para ós docentes que desexen enfocala ensinanza musical doutra forma. Ó igual que é necesario un cambio na estructura educativa debido a implantación das tecnoloxías na educación, tamén é importante revisar e actualizar os contidos musicais e a forma de impartilos.
http://aulacontemporanea.blogspot.com/
Análise do Blog ¨Tritó¨
¨O blog Tritó¨ é un blog de caracter informativo e comercial, que ten o obxetivo de promover e ampliar o patrimonio musical español e iberoamericano do S.XIX, S.XX e Contemporánea, a través dos libros e do audio. A súa organización está formada por unha axencia de producción,publicación e distribuación de traballos musicais realizados con institucións educativas e con músicos.
Dentro do blog, atopamos algún material publicado dirixido a nen@s. A pesar de que é música ¨exclusiva¨ e ¨minoritaria¨, en certa maneira, ten unha repercusión social importante entre as persoas que teñen relación coa cultura musical deste estilo. Polo tanto, é un medio de información válido para descubrir novos horizontes musicais debido a súa boa publicidade.
A estética da Web é austera, onde prevalece o branco. Facendo destacar a cor naranxa. No marxe dereito da páxina atopamos enlaces con artigos, videos, comentarios e etiquetas. Tamén destacar a posibilidade de conectar con facebook para poder dar a tua opinión sobre este blog. Algo que se está a convertir en algo habitual na rede últimamente. En canto ós comentarios, é moi sinxelo facelos, xa que non atopei dificultade algunha. Outro detalle que non se debe pasar por alto é posibilidade de consultar un arquivo no que estan almacenadas tódalas novas publicadas no blog.
Para finalizar, Tritó é un blog comunicativo, claro e ordenado.
http://blog.trito.es/about-us/



